Ouvea o vento no exterior do tren, e namentres o compañeiro de cadaleito parece coma durmido, non pode Xulio facer outra cousa que observar ó seu redor, camiña sen camiñar, xa que está morto e non pode mover o seu corpo, pero en espíritu ten a sensación de que a fiestra está pegada ó seu nariz, e alí afóra consegue observar ós feiticeiros creadores da súa desgraza. Encarapuchados e cargados de libros eses evanxelistas cabróns parecen felices. Se soubesen que por facerlles caso e castigarse morrera, quén puidera movelo corpo e arrearlles uns bós lategazos. Se soubesen...
Que a culpa é moi complicada de xestionar, que ser aficionado ó fútbol o ía levar polo mal camino, e cen merdas máis que non conseguiron senón enganalo, parecería que era parvo senón estivese seguro de que non o era, pero agora eses estaban viviños e el estaba morto. Vai alí a Cabo Home e adéntrate nas augas, loita contra a forza da natureza a sae coma un home novo e puro, castiga o teu corpo co esforzo físico e sairás mellor do que entraches.
Pois claro que saiu mellor, saiu cun billete directo o ce, viaxando nun tren cotroso e fedorento, cun compañeiro más aburrido que ver unha gala de Erovisión e por riba, sentíndose idiota por facer caso duns feirantes da fe. Fidelísimos hipócritas, vendendo Biblias coma se fosen santos, e gastando os cartos no clube da rúa Santa. Bah. Qué máis dará, se total, San Pedro, segundo dixeran era moi amable. Mentres tanto, a súa herdanza estaba a salvo, xa que como lle dixeran, se os colocaba como principais herdeiros, eles donarías a súa fortuna á caridade. Qué bonitos reloxos levaban, os moi canallas. Entón Xulio decatouse de algo.
-Merda!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario